Os ecos de Rosalía - 27/02/2013
ECOS DA BERENGUELA - xornal

Xosé Lois García

As folerpas de neve recuncan na memoria a data certa do natalicio da grande e soberana Rosalía de Castro. O fío ventoso da nevarada ven a lembrarnos que esas folerpas non arden pero queiman no mais íntimo de Rosalía. Claro que os ecos dos seus versos esclarecen tódalas esencias da terra no fluír das lapas que en cada anima galega pulsan. Rosalía a dos ecos feridos e liberadores confraternizan o noso existir en resistencia. Os ecos da existencialidade, do pensamento nutrido de converxencias e rexurdires que amparan a nosa andaina mais sensíbel por camiños tortuosos e encrucilladas labirínticas. Por iso é que precisamos retomar a Rosalía na mais ampla plenitude de volver ás raigañas mais penetrantes da nosa Terra e facer benquerencia coa folerpiña verbal, aínda que semelle fría ela queima.

A luminosidade do verso e da prosa de Rosalía resplandecen por enriba deses 176 anos que comezamos a contar desde aquel 24 de febreiro de 1837. Até o día de hoxe ese enorme facho, de tensa claridade, non esmoreceu nen se apagou. Esa materia luminosa onde a palabra mantén viva a brasa do noso entendemento para perpetuar o mais íntimo de Rosalía. Compre que a nosa Terra sexa entendida e personalizada no noso propio ego existencial, cando a recoñecemos e a amamos nos atributos mais sensíbeis que resplandecen nos ecos de Rosalía.

Realmente os galegos somos merecentes da presencia e permanencia de Rosalía. Somos conscientes que a súa palabra belixerante e de dirixencia aínda nos estimula de recobrar a Matria perdida e asoballada. A palabra crítica e esclarecida de Rosalía apunta en moitas direccións, no contexto de múltiples gravidades que se manifestan na Galiza actual. Ela matizou sobre a Matria recobrada e liberada e verificou os camiños certos para temperar redención. Esa luminosidade da que agora carece Galiza a atopamos na esperanza que nos deixou Rosalía para recobrar a certeza que ela esmiúza no poema de “Follas Novas”, titulado: “Terra a Nosa”, que incide nas carencias que embotellan ao pobo humilde de Galiza; nas clases sociais mais deprimidas e desfavorecidas.

Rosalía ficou virada cara a Galiza pobre e emigrante. Neste punto, a poesía galega vinda do seu pensamento, fortaleceu unha toma de conciencia sobre a pobreza en tódalas xeografías galegas que a nosa poeta soubo testemuñar as decadencias e as persistencias dominantes que ían desde o entorno caciquil até unha non demorada opresión de Estado. Os poemas do pobo –mais que populares- que ela nos deixou, perfilan o mais elemental das pobrezas e das marxinacións nese inventario de temas diversos, nos que se percibe a crítica mais asisada e revolucionaria: “A xusticia pola man”, poema que nos dá a medida dunha Rosalía pragmática e nada receosa en atenuar a denuncia, en provocar o debate e incluso a confrontación ante os poderes dominantes.

Nas circunstancias actuais de declive social e económico onde as crises remoen os alicerces humanos e Galiza á espera de loitadores que a saquen do caos que silencian os que a dominan. Nestas circunstancias, Rosalía é entendíbel desde diversas problemáticas e, ademais, é unha emerxencia recorrer á súa obra neste 176 aniversario do seu nacemento e o 150 da publicación de “Cantares Gallegos”.

Venres 2910/2021, debate sobre 2 libros da miña autoría

Venres 29, debate sobre 2 libros da miña autoría, publicados no presente ano.
Promovidos pola Libraría da Proencia. Na igrexa de Pinol (Sober), ás 19 h.
a ìntura manierrista en solbar

camilo gomez torres
De rebeldías, Soños e irmandades

coloquio homenaxe xose lois garcia
Libro Coloquio-Homenaxe

polas diversas xeografias da lusofonia 210x315
Polas diversas xeografías da Lusofonía

pinturas renacentistas 210x315
As pinturas renacentistas de Santa María de Pesqueiras